Intervención do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Debate sobre o Estado da Autonomía 2021

FEIJÓO PROPÓN UNHA RECUPERACIÓN Á GALEGA: XUSTA, QUE ACHEGUE OS NOSOS VALORES AOS CAMBIOS QUE SE ESTÁN A PRODUCIR E QUE INCORPORE PLENAMENTE A GALICIA AOS CAMIÑOS DO PROGRESO SENSATO

GALICIA: RIGOR, NORMALIDADE DEMOCRÁTICA E ESTABILIDADE

O PRESIDENTE DA XUNTA INICIA O SEU DISCURSO CUN RECORDO A VALERIANO MARTÍNEZ E ANUNCIA QUE AS CONTAS QUE DEIXOU “PRACTICAMENTE LISTAS” SE PRESENTARÁN A VINDEIRA SEMANA

Traslada o agradecemento por todas as mostras de afecto, procedentes de todos os lugares xeográficos e ideolóxicos, para unha persoa que dedicou toda a súa vida profesional a traballar por Galicia

COMPARA A NORMALIDADE DEMOCRÁTICA GALEGA COA INESTABILIDADE DE ESPAÑA, ONDE NON SE CELEBRA UN DEBATE DO ESTADO DA NACIÓN DESDE HAI CASE 7 ANOS

Salienta que Galicia volve afrontar o Debate sobre o Estado da Autonomía cando lle corresponde e terá tamén os orzamentos para 2022 “cando toca”

ASEGURA QUE GALICIA SEGUIRÁ SENDO O LUGAR ONDE MIRAR PARA ATOPAR DEBATES SERENOS E DEFENSA DO MARCO CONSTITUCIONAL E DO AUTONOMISMO

Afirma que Galicia seguirá sendo “o lugar onde as prioridades do Goberno son as prioridades da nosa xente”

UNHA NOVA FASE: VOLVER MIRAR CARA ADIANTE, SEN ESQUECER O QUE DEIXAMOS ATRÁS

ANUNCIA QUE A PRÓXIMA SEMANA LEVANTARASE A EMERXENCIA SANITARIA E CONTROLARANSE OS POSIBLES GROMOS MEDIANTE A LEI DE SAÚDE PÚBLICA APROBADA NO PARLAMENTO

“Estamos no punto máis próximo ao que tiñamos en febreiro de 2020. Vese, agora si, a luz ao final do túnel”, di, dando novamente as grazas a maioría dos galegos polo comportamento exemplar

Recorda que a Comunidade seguirá con distancia social e máscaras en interior, conforme á lei estatal

AVANZA QUE SE ERIXIRÁ UN MONUMENTO QUE MANTEÑA VIVO O RECORDO DOS FALECIDOS DURANTE A PANDEMIA E O ESPÍRITO DOS GALEGOS PARA COMBATELA

“Un monumento que, en definitiva, sirva de recordo para as xeracións vindeiras do que ocorreu, e tamén de exemplo por como respondemos”, di

A GALICIA FAMILIAR, INNOVADORA, VERDE E MOZA CLAVE NO MUNDO QUE VÉN

A XUNTA APROBARÁ UN NOVO PLAN ESTRATÉXICO ANTES DE QUE REMATE O ANO CO FIN DE QUE GALICIA SEXA ACTOR CLAVE NO NOVO PARADIGMA SOCIAL E ECONÓMICO

Constata que a pandemia puxo en evidencia a importancia dos coidados e dunha Galicia familiar e moza, someteu a unha dura proba á Galicia innovadora e fixo aínda máis evidente o acerto de seguir apostando pola Galicia verde

REFÍRESE AO RETO DEMOGRÁFICO COMO “O PROBLEMA NÚMERO UN” E PIDE UN DEBATE NACIONAL ORIENTADO A CAPTAR POBOACIÓN  ESTRANXEIRA  DE FORMA LEGAL E ORDENADA

Recorda tamén que a Comunidade ten abertas as portas para todos os galegos do exterior, “porque esta sempre foi e sempre será a súa casa”

FEIJÓO ANUNCIA QUE A PARTIR DO VINDEIRO CURSO TODAS AS ESCOLAS INFANTÍS EN GALICIA SERÁN 100 % GRATUÍTAS

Precisa que esta medida, que situará a Galicia á vangarda de España, afectará ás escolas públicas, ás de iniciativa social, ás privadas e tamén ás municipais dos concellos que estean ao día co Consorcio; e será para todos os nenos, tamén para os primoxénitos

APOSTA POR SEGUIR A FOLLA DE RUTA GALEGA: MÁIS INVESTIMENTO, MENOS IMPOSTOS E CONTROL DA DÉBEDA

“Os Next Generation son unha ocasión irrepetible para transformar a economía. E os erros de xestión, a arbitrariedade e a falta de transparencia do Goberno non poden convertelos nunha oportunidade perdida”, recalca

MOSTRA O SEU REXEITAMENTO Á SUBA FISCAL MASIVA ANUNCIADA POLO GOBERNO CENTRAL E GARANTE QUE GALICIA VOLVERÁ BAIXAR IMPOSTOS O ANO QUE VÉN

Recorda que desde o ano 2009 se logrou que os galegos dispuxeran de máis de

1.000 millóns de euros nos seus petos, grazas á baixada de impostos

PIDE AO GOBERNO QUE SEXA ÁRBITRO IMPARCIAL NO DEBATE DO NOVO SISTEMA DE FINANCIAMENTO AUTONÓMICO E NON O EMPREGUE COMO CONTRAPARTIDA PARA CONTENTAR AO INDEPENDENTISMO

Anuncia que o próximo 2 de novembro, Galicia, Asturias, Aragón, Castela e León, Castela A Mancha, A Rioxa, Cantabria e Estremadura reuniranse en Santiago para abordar este asunto

Confirma que a vindeira semana manterá un encontro co presidente andaluz, para analizar tamén esta materia

BLINDAR OS SERVIZOS PÚBLICOS: UNHA PRIORIDADE ANTES E DESPOIS DA PANDEMIA

FEIJÓO AVANZA QUE O GASTO SOCIAL VOLVERÁ AUMENTAR O PRÓXIMO ANO ATA O 71 %

Confirma que os orzamentos do ano que vén volverán poñer no centro a Sanidade, a Educación e a Política social

DI QUE O SERGAS ESTA PREPARADO PARA A 3ª DOSE DA VACINA CANDO DIGAN OS EXPERTOS

Destaca como outra das prioridades completar o plan de recuperación da actividade asistencial ordinaria

Subliña que a saúde mental é un obxectivo de lexislatura como se pon de manifesto no Plan de saúde mental, que contará con 83M€ para os próximos catro anos

INSISTE NA PETICIÓN AO GOBERNO CENTRAL DE MÁIS PRAZAS MIR PARA ATENCIÓN PRIMARIA E A ELIMINACIÓN COMPLETA DA TAXA DE REPOSICIÓN

Afirma que o compromiso coa Atención Primaria tamén se reflicte nos orzamentos, representando un terzo do total do gasto sanitario

A PARTIR DE 2022 IMPLANTARASE O NOVO MODELO DE RESIDENCIAS, QUE INCLUIRÁ GRUPOS MÁXIMOS DE CONVIVENCIA E UNIDADES DE COIDADOS TRAS ALTAS HOSPITALARIAS

Precisa que todas as residencias novas deberán estar divididas en unidades de convivencia de 25 persoas como máximo, que servirán como pequenos fogares dentro de cada centro

Por outra banda, garantirase que o Servizo de Axuda no Fogar, o Xantar na casa ou a atención en centros de día, chegue cada vez a máis persoas; e apostarase polas casas do maior, chegando a preto de 100 este ano

Confirma que no primeiro semestre de 2022 se retomará o autobús de Coidados porta a porta, que chegará a 200 concellos

REIVINDICA A MELLOR DÉCADA DA EDUCACIÓN GALEGA  E ASEGURA QUE A NOVA ARQUITECTURA E A TRANSFORMACIÓN DIXITAL PERMITIRÁN QUE SIGA SENDO GARANTÍA DE IGUALDADE, OPORTUNIDADES E FUTURO

Crearase un centro especializado no ensino dixital e na innovación e investigación educativa, con sede no Edificio Fontán da Cidade da Cultura

UNHA GALICIA MÁIS INNOVADORA E MÁIS VERDE PARA AFRONTAR OS RETOS DO NOVO PARADIGMA ECONÓMICO

APLAUDE O ESFORZO COLECTIVO QUE FIXO POSIBLE TER XA MENOS PARO E MÁIS AFILIACIÓNS QUE ANTES DA PANDEMIA

Afirma que o mérito é daqueles sectores que foron capaces de crecer pese á pandemia -o agroalimentario, o do mar ou o tecnolóxico-; e tamén dos que, tras verse fondamente afectados, volveron abrir

REIVINDICA O BALANCE TURÍSTICO DO VERÁN E COMPROMETE UNHA PROGRAMACIÓN XACOBEA PARA 2022

Subliña que Galicia foi percibida como destino seguro e incide en que ten por diante unha década xacobea para amosar todo o seu potencial

Agarda que o Goberno siga implicado co Ano Santo bienal, coa: extensión das desgravacións ata o 31 de decembro de 2023, a priorización do Camiño nas campañas de Turespaña no exterior, ou un Plan de melloras no Camiño que complete ao esforzo xa feito pola Xunta

ANUNCIA UN PACTO COS AXENTES SOCIAIS PARA GARANTIR QUE A FORMACIÓN ESTEA ADAPTADA Á DEMANDA: “EN MATERIA DE EMPREGO TODOS A UNHA”

Por primeira vez haberá préstamos parcialmente reembolsables, de xeito que os investidores que se acollan a eles non teñan que devolvelos totalmente se materializan un investimento que xere riqueza e emprego

A Xunta, entre outras medidas, seguirá incentivando o consumo; mantendo as bonificacións para adquirir solo industrial e acompañando os proxectos empresariais

A XUNTA CREARÁ A CARREIRA INVESTIGADORA PARA QUE OS INVESTIGADORES PÚBLICOS TEÑAN UN MARCO COMÚN DE PROFESIONALIZACIÓN E ESTABILIDADE

ADVIRTE DE QUE A CRISE INDUSTRIAL NON É UNHA TRANSICIÓN XUSTA SENÓN TODA UNHA RECONVERSIÓN FEITA ÁS BRAVAS QUE CÓMPRE IMPEDIR

Deseñarase un polo enerxético para a transformación da industria a través da introdución do hidróxeno verde na industria e o transporte, así como medidas vinculadas ao almacenamento enerxético

PROPÓN ESTUDAR SE É VIABLE EMPRAZAR A FÁBRICA DE FIBRAS TÉXTILES NA PROVINCIA DE LUGO

Segue a defender unha “xa inevitable” intervención temporal da planta de Alcoa por parte do Goberno, así como unha solución que impida o peche de Vestas

CREARASE A DELEGACIÓN DA XUNTA EN FERROL CO ENCARGO DE VELAR PORQUE SE CUMPRA O PACTO DE ESTADO PROPOSTO POLO GOBERNO GALEGO PARA ESTA COMARCA

Pide ao Goberno central que cree unha Zona Franca en Ferrol, como se leva demandando desde hai varios anos

A XUNTA SEGUIRÁ TRABALLANDO PARA ACADAR UNHA GALICIA VERTEBRADA E ACCESIBLE PARA TODOS ADAPTADA ÁS NECESIDADES DA GALICIA ACTUAL

Anuncia máis descontos e transbordos gratuítos, coa previsión de bonificar case 18 millóns de desprazamentos en transporte público cada ano

Nos vindeiros meses, os membros das familias numerosas poderán desfrutar de descontos adicionais de entre o 20 e o 50% nas súas viaxes en autobús

“Seguiremos vixiantes para que a entrada do AVE en Galicia se faga garantindo os tempos de conexión das cidades coa meseta”, asegura

40 ANOS      DE    AUTONOMÍA: UN   MODELO  POLÍTICO        GALEGO PLURAL, ESTABLE, PARTICIPATIVO E ABERTO A TODOS

PROPÓN DESAPRENDER A FRIVOLIDADE E A INESTEBILIDADE DA POLÍTICA NACIONAL E AVOGA POLA MODERACIÓN GALEGA

Sostén que estes 40 anos de autogoberno proban que son máis útiles as medidas que o ruído

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.