Levante para abrir a semana

O Pescados Rubén Burela FS abre hoxe unha semana de dobre esixencia na complicada pista do Levante UDFS (Paterna, 21.00 horas), na xornada 4 adiantada pola UEFA Futsal Champions League. O conxunto de Riquer volverá a Vista Alegre, o sábado (18.30 horas), coa visita de Córdoba Patrimonio de la Humanidad

Os mariñáns continúan a súa xira polo Mediterráneo tras disputar a xornada 2 ante o FC Barcelona o venres pasado (6-1), nun enfrontamento no que se deixaron a alma: “O equipo nunca baixou os brazos. En dúas accións moi rápidas o Barcelona adiantouse no marcador e remar contra un 2-0 cun dos mellores equipos e na súa casa é moi difícil. O equipo nunca deixou de crer, sacamos porteiro xogador e seguimos confiando en nós; o equipo nunca deixou de intentalo”, así destacaba Quintela, un dos encargados de liderar o xogo de cinco co que os laranxas conseguiron certamente mitigar a ofensiva blaugrana.

“Estaremos unha semana enteira fóra da casa, con dous enfrontamentos de máxima esixencia. O equipo está moi mentalizado, temos que aprender dos erros e ir con todo ante Levante para conseguir algo positivo”, advertía o 23 burelista diante dun novo reto ante o subcampión de Liga, que tras a derrota inaugural con Valdepeñas (3-0), na súa estrea na casa só conseguiu un empate con Jimbee Cartagena (2-2): “Será un partido durísimo ante un rival moi forte, que ten a necesidade engadida de conseguir os 3 primeiros puntos da liga, pero nós tamén imos con esas ganas, conseguir a primeira vitoria que nos dea confianza para seguir traballando igual ou mellor incluso”.

“Só pensamos en Levante. Polos resultados que se están dando, esta vai ser unha das ligas máis igualadas tanto arriba coma abaixo. Temos que ir partido a partido e estar mentalizados de que temos sacar algo positivo este martes. Iso fortaleceríanos para o sábado” reflexionaba o xogador de Arzúa, coa cita ante os cordobeses no regreso a Vista Alegre.

Tras o partido de sanción cumprido por Edu ante Barcelona, Riquer terá á súa disposición para mañá os 14 xogadores que forman a expedición.

Expedición Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu (p), 2. Nito, 4. Lucho, 5. Iago Míguez, 6. Pitero, 9. Isma, 12. Renato, 16. Rikelme, 19 Bruno (p), 20. David Pazos, 21. Wanderson, 23. Quintela, 24. M. Kaluza (p), 77. Levi

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.