Luz verde para renovar a drenaxe transversal da DP-1707 ao seu paso polo río San Pedro, en Iñás

As tarefas darán solución ás inundacións periódicas que sufrían as fincas colindantes ao cauce do río debido ás dimensión actuais do sistema

A Deputación da Coruña saca a licitación por 106.476 euros a renovación da drenaxe transversal da estrada provincial DP-1707 de Oleiros a Pravio ao seu cruce co río San Pedro, na parroquia de Iñás (Oleiros). As empresas interesadas en presentar as súas propostas poderán facelo ata o 2 de novembro.

As tarefas darán solución ás inundacións periódicas que sufrían as fincas colindantes ao cauce do río debido ás dimensión actuáis do sistema de drenaxe (0,70 x 1,20 metros), insuficientes para o correcto desaugamento.

Así pois, para evitar estas afeccións, substituirase a drenaxe actual por unha nova formada por marcos prefabricados de formigón armado de 3×2 metros, que se colocará paralela á existente, de tal forma que a antiga instalación poida seguir en funcionamento durante a execución das obras, que contan cun prazo estimado de tres meses.

As actuacións levaranse a cabo en fases sucesivas para non cortar o tráfico da estrada DP-1707, aínda que si será preciso habilitar pequenos desvíos provisionais. Unha vez completada a obra, tamén se reporá a sección da vía afectada, adecuando a súa anchura á nova plataforma.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.