Manifestación o día 14 de novembro ás 12 horas en Santiago. «Salvemos a Atención primaria: En defensa da Sanidade Pública

Desde SOS Sanidade Pública de Galiza, colectivo que aglutina a prácticamente todas as plataformas sanitarias do país, organizacións sindicais, políticas, sociais e profesionais convocouse unha manifestación en Santiago o próximo día 14 de novembro ás 12 horas, con saída desde a Alameda. Esta convocatoria responde ao lema”SALVEMOS A ATENCIÓN PRIMARIA:EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA”.

A Plataforma Sanitaria da Mariña forma parte tamén do comité organizador da mobilización, polo que apoiamos e adherímonos a esta convocatoria de defensa da sanidade pública, que nesta ocasión poñerá máis énfase sobre a Atención primaria polos recortes aos que a ten sometida o goberno da Xunta desde hai 12 anos,  e acrecentado aínda máis desde a pandemia .

O que está a acontecer na Primaria ten como responsable ao goberno da Xunta  e a Consellería de Sanidade, polas súas políticas conducentes ao desmantelamento da sanidade pública:

– 12 anos de xubilacións de profesionais e contratacións en precario que levan ao ÉXODO de profesionais cara a outros lugares onde os contratos son estábles.Mais a Consellería pecha os ollos e non toma medidas.

– 12 anos de recortes nos orzamentos destinados a Atención Primaria.

– 12 anos sen escoitar aos prefesionais  e sindicatos que denunciaban a situación e esixían condicións dignas de traballo.

– 12 anos negándose a incorporación de novas  categorías .profesionais para garantir unha atención sanitaria integral.

– 12 anos mentindo e decindo que o seu modelo sanitario era impecable, mentres facía auga por todas partes . Sólo gracias aos esforzos titánicos dxs profesionais , que responde  con responsabilidade ao maltrato das xerencias e goberno.

12 anos desde que se tirou por terra o ambicioso Plan de Mellora de Atención Primaria polo mero feito de que non era un plan do PP e porque no seu “directorio” só está a privatización.

Pois chegou o momento en que a sanidade pública , e nomeadamente a Atención Primaria rebentou con graves consecuencias para os pacientes . Por iso chegou o momento de que galegas e galegos, mariñás e mariñaos  PAREMOS ESTO E DIGAMOS QUE  XA ABONDA , QUE QUEREMOS REMATAR CON:

-As  colas para entrar no Centro de Saúde

– Ter que facer múltiples chamadas para poder conectar co centro de saúde.

-As listas de agarda de varios días en Atención Primaria, feito que entra en contradicción coa conceptualización da Primaria , que colapsa PACS e servizos de urxencias e que favorecen a privatización da sanidade, creando profundas desigualdades.

-A consulta telefónica e telemática como eixo da asistencia en detrimento da atención presencial.

– Os recortes en persoal e á situación de inestabilidade e precariedade laboral do persoal dos centros de saúde.

Na Mariña a situación é aínda máis grave porque a maiores eliminouse a Área Sanitaria, convertíndonos  nun distrito sanitario. Esto supuxo a perda de autonomía asistencial , con dependencia cada vez maior da macroárea da capitalaumentando case de xeito exponencial as derivacións á capital, a máis de cen quilómetros por unhas estradas similares ás de hai cincuenta anos. Moitas destas derivacións fanse aos hospitais privados, en mans de empresas amigas de Feixoo. Estes hospitais forman parte das  futuras portas xiratorias  dos que hoxe gobernan Galiza.

Queremos que a Atención Primaria teña uns orzamentos que supoñan o 25% dos orzamentos sanitarios.

Precisamos máis persoal para que a atención sanitaria sexa de calidae.

É necesario un novo modelo de Atención Primaria, un modelo que reconstrúa o sistema sanitario desde a base.

Por eso chamamos a todos e todas as veciñas da Mariña a que acudan masivamente á manifestación do domingo 14 de Novembro en Santiago, pois a presión social é a unica forma de facelos desistir das súas intencións.

Haberá autobuses gratuitos. Para anotarse pódesechamar aos teléfonos 982 140 654

982  586 158 e 667 052 058. O último día para anotarse é o día 11 de novembro.

Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña tamen queremos anunciar que diversos integrantes do colectivo desplazaranse pola comarca para realizar diversos actos de información e recollida de sinaturas, de xeito que o proximo día 4 estaremos en Ribadeo, o día 9 no Hospital e o día 10 en Viveiro. Nos vindeiros días informaremos dos lugares e a hora dos actos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.