Manuel Baltar  “Coñece Ourense éo mellor xeito de promover entre a mocidade o orgullo de pertenza á provincia” 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Castelo de Monterrei a preto de 60 alumnos de segundo e terceiro da ESO do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova que participan no programa “Coñece Ourense”, unha iniciativa da institución provincial posta en marcha hai cinco anos para difundir entre os máis novos o patrimonio natural, arquitectónico e artístico da provincia. 

 O castelo de Monterrei foi un dos lugares que os alumnos do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova visitaron durante a súa estadía na comarca, que comezou a primeira hora da mañá en Verín cunha visita á estatua do Cigarrón, para achegarse despois á Casa dos Acevedo, ao Concello, á Casa do Escudo e á igrexa de Santa María A Maior. A visita continuou en Cabreiroá e no balneario de Caldeliñas, lugares onde os alumnos tiveron a oportunidade de coñecer outro dos importantes recursos desta zona da provincia, como é o termalismo. 

O programa “Coñece Ourense”, que comezou en 2016, permitirá que preto de 800 estudantes coñezan ao longo deste ano outros lugares de interese da provincia onde pode observarse a pegada castrexa, como en San Cibrao de Lás; o campamento romano de Bande; A Ribeira Sacra e os mosteiros de San Pedro de Rocas, Santa Cristina e Montederramo, así como tamén os de Celanova e Oseira, ou o pazo museo de Ramón Otero Pedrayo en Trasalba. 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.