María Jesús Pérez Carballo doa ao Museo de Lugo a obra “Excluídos”

A pintora lucense María Jesús Pérez Carballo cedeu ao Museo de Lugo “Excluídos”, unha obra sobre os movementos migratorios e os desprazamentos de poboación obrigados pola desigualdade de oportunidades e acceso aos recursos ou os conflitos bélicos
Segundo explicou a autora no acto, a composición, realizada con pintura acrílica, collage e lapis sobre papel, ten como referente directo os movementos de poboación que se produciron en Europa no contexto da caída do Muro de Berlin pero, explicou, alude a unha realidade universal e recorrente ao longo da historia, tamén no caso de Galicia.
A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, agradeceu a xenerosidade da artista que, con esta doazón, contribúe a ampliar os fondos do Museo de Lugo.
“Un mundo, dous mundos”, ata o 11 de novembro
A doazón coincide coa presenza no Museo dunha mostra retrospectiva da autora, “Un mundo, dous mundos”, que poderá verse na Sala de Exposicións ata o vindeiro 11 de novembro e na que conviven o lirismo e a denuncia social con cadros de paisaxes e imaxes da natureza nos que a pintora verte o seu mundo máis íntimo e obras realizada cunha vontade crítica na que retrata contextos de guerra e sufrimento.
Soy la pintora autora del cuadro «excluídos» que cedí al Muso Provincial de Lugo hecho que reflejan en su noticia pero…
Mi nombre es MºJESÚS PÉREZ (no López) CARBALLO , tendrán que corregir el error