.@minatouropinono solicita o arquivo do proxecto de drenaxe “Proyecto de drenaje integral de la concesión de explotación San Rafael”

A Plataforma veciñal Mina Touro O Pino Non solicita o arquivo do proxecto de drenaxe “Proyecto de drenaje integral de la concesión de explotación San Rafael” en Touro, esixe un plan de restauración que elimine a drenaxe áceda de mina.

A bacía mineira de Touro, unha antiga braña regada por varios cauces amosa incumprimentos en canto ás concentracións de sulfatos, Fe disuelto, Manganeso, Aluminio, Boro, Níquel, Mercurio e Zinc,  derivados de anos e anos dunha manchea de incumprimentos normativos en canto á restauración. As augas contaminadas procedentes da mina espalláronse polos regos Brandelos, Pucheiras, Angumil, Felisa, Portapego e Rozas, descarregando polo Lañas e Brandelos ao Ulla. Como consecuencia, os arroios do entorno quedaron desprovistos dos organismos acuáticos naturais (peixes, insectos, anfibios,…) e perdéronse as cualidades necesarias para o seu uso en: cría de peixes, baño, riego ou potabilización”.

En xullo de 2018 a raiz dunha inspección da Xefatura de minas constátase a drenaxe áceda de mina nos regos con gravísimos danos ás augas de dominio público hidráulico, solicitándose á empresa Explotaciones Gallegas, propietaria dos terreos, que realice unha modificación do sistema de xestión das augas, en concreto dos efluentes Angumil, Rozas, Portapego e Felisa, garantindo a supresión da saída das augas que están a prodicir drenaxe ácedo de mina.

Lonxe de presentar unha solucción, máis tres anos,  atopámonos cun novo proxecto en exposición pública para enredar  que lonxe de supoñer unha mera declaración de obras no Dominio Público Hidráulico (DPH) ou zona de policía, son proxectos de autorización de vertidos de augas residuais industriais procedentes dunha explotación mineira de xeito encuberto, con eufemismos utilizados describindo as augas residuais industriais procedentes das instalacións de residuos mineiros da concesión de explotación “San Rafael” como “augas pluviais; os puntos de vertido no DPH como “puntos de devolución”; e o cauce fluvial rego do Portapego como un “punto.

 Un proxecto no que resulta imposible de saber quen é o seu verdadeiro promotor e responsábel sendo a peticionaria da autorización distinta da peticionaria do proxecto, esta indeterminación na identidade e responsabilidade do promotor parece unha tentativa de diluir no futuro as responsabilidades derivadas, nunha maraña de folios onde veñen a recoñecer que estes proxectos son para dar servicio á mina, ignorando  a “Declaración de impacto ambiental negatova da actualización do proxecto de explotación da C.E. San Rafael 2946, publicada no “DOG Núm. 26. Venres, 7 de febreiro de 2020” mediante ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático. Esta DIA desfavorable dictouse tendo en conta principalmente, as consideracións recollidas nos informes emitidos por Augas de Galicia e pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural,” e en cuxa fundamentación se recolle, en relación a tal informe de Augas de Galicia que:

“Respecto ás afeccións á rede fluvial, referencia o informe que no ámbito de actuación do proxecto existen oito cursos fluviais, identifícanse as afeccións directas a ditos cursos e fanse consideración sobre as mesmas, así como outras afeccións á rede fluvial dentro do ámbito de actuación e mesmo fora del, relacionadas directamente co proxecto de explotación. “

Un comentario

  • Linterna

    Van a poner dos plantas de tratamiento de aguas, para limparlas antes de que salgan a cauce público, con inversion millonaria y coste operativo… y todavía se quejan? Estos son los del No es No, porque viven de que haya un problema, el dia que no lo haya, de que van a vivir??

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.