Nieves Neira realiza a tradicional Ofrenda a Rosalía de Castro do Domingo das Mozas

A xornalista local Nieves Neira foi a encargada de realizar hoxe a Ofrenda Floral a Rosalía de Castro, actividade que este ano cumpriu o seu 50 aniversario no Domingo das Mozas.

A corporación municipal, xunto coa oferente, Nieves Neira, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, saíron da Casa Consistorial ata o Parque de Rosalía acompañados da agrupación de música tradicional Berros do Castro, procedentes de Ferrolterra, e que foron os encargados de interpretar o himno galego ao remate do acto.
Nieves Neira (Lugo, 1983) é licenciada en xornalismo pola Universidade de Salamanca, e conta cun posgraduado en Cultura Portuguesa Contemporánia na Universidade Aberta de Lisboa. Traballa no diario El Progreso desde o ano 2013. No ano 2020 gañou o premio Johán Carballeira de Xornalismo pola reportaxe A fotografía, revelada, onde aborda a vida de Maruja Neira, pioneira da fotografía galega. Neira forma parte da Asociación para a Promoción das artes escénicas 3monos e do padroado da fundación Uxío Novoneyra

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.