O CEIDA desenvolve un seminario divulgativo sobre sobre as pradarías mariñas galegas e cántabras

90 persoas inscritas procedentes de Galicia, resto de España e Portugal participarán neste primeiro seminario divulgativo sobre as pradarías mariñas, aberto ao público xeral, que se celebra

Entre o 21 e 22 de outubro celebrarase na sede do CEIDA, no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) , o seminario “As Pradarías Mariñas, Tesouros de Biodiversidade” primeiro en Galicia destas características, e que será punto de encontro dos e das principais investigadoras no tema.

No seminario abordarase o estado de conservación destes ecosistemas tanto en Galicia, como no contexto europeo, as experiencias de restauración destes ecosistemas no Pais Vasco, o valor socioeconómico que estes prados xeran ou a influencia e conflito destes ecosistemas con actividades como o marisqueo, algúns deportes náuticos, etc. No seminario presentarase ademais a publicación científico – técnica, editada polo CEIDA, que recolle boa parte das intervencións da xornada.

Esta actividade formativa está dirixido principalmente a responsábeis políticos e técnicos vinculados coa xestión dos ecosistemas mariños e da beiramar, profesionais que desenvolven a súa actividade na contorna destes prados coma as confrarías de pescadores, mariscadoras, deportes náuticos, turismo de natureza… profesionais da educación e da comunicación ambiental e persoas procedentes de ONGs ambientalistas, mais tamén está aberto a calquera persoa interesada.

As prazas para asistir están esgotadas coas máis de 90 persoas inscritas con procedencias xeográficas moi diversas, tanto de Galicia, resto do Estado e Portugal. O seminario será en modalidade tanto presencial como por streaming o xoves 21, habendo só a opción dixital para o venres 22.

As pradarías mariñas son un dos ecosistemas mariños máis ricos do planeta e teñen unhas funcións e servizos ambientais imprescindíbeis para moitas formas de vida mariña, amais dunha extraordinaria relevancia económica e social. Porén, son ecosistemas pouco divulgados e coñecidos nos que cómpre avanzar no seu coñecemento e tendencias de evolución, tanto a nivel global como a súa realidade nas rías galegas. Por ese motivo, neste seminario atópanse diversos proxectos que dende diferentes ópticas traballan para a conservación destes ecosistemas, amplamente distribuídos na beiramar galega e fundamentais na loita contra o cambio climático.

Esta actividade forma parte do proxecto ZOSTERA “Pradarías Mariñas, tesouros de biodiversidade”, executado co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico. Ten como obxectivo concienciar sobre a importancia da conservación das pradarías mariñas da costa atlántica e cántabra (Asturias, Cantabria, País Vasco) mediante a transferencia de coñecemento e información á sociedade dos beneficios ambientais, económicos e sociais que as pradarías proporcionan, así como a integración de colectivos específicos da poboación local na conservación mediante a aplicación dun programa de seguemento de cinco pradarías mariñas en Galicia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.