O Ciclo Galego de Teatro Amador regresa a Lugo con 4 representacións

As 4 representacións desta edición terán entre o 30 de outubro e o 27 de novembro

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, presentou xunto Tareixa Campo, integrante de Achádego Teatro, a edición 2021 do Ciclo Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa Consellería de Cultura, e coa que colabora o Concello de Lugo. Maite Ferreiro afirmou que «un ano máis volve o Ciclo Galego de Teatro Amador, no que poderemos ver a distintas compañías de teatro afeccionado realizar as súas últimas obras no Auditorio Municipal, achegando o teatro a toda a veciñanza».

A edición 2021 deste ciclo consiste en catro representacións teatrais para todos os públicos, representadas por catro compañías diferentes de toda Galiza, que se levarán a cabo durante entre o 30 de outubro e o 27 de novembro no auditorio municipal Gustavo Freire.

As representacións desta edición son as seguintes:

·        30 de outubro: Rutinas, de Max Teatro

·        13 de novembro, Nadal na casa dos Lamelo, de Achádego Teatro

·        20 de novembro, A última cea, de Fauna 113

·        27 de novembro, Porta Aberta, de Munuwa

Todas as representacións comezarán ás 20:30, e están destinadas a públicos de todas as idades. As entradas terán un custo de 3€ e retiraranse no auditorio o día de cada representación ou con antelación no portal entradaslugo.es ou na oficina municipal de turismo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.