O Consorcio de Turismo e A Coruña Convention Bureau converterán á cidade nun referente dos eventos e reunións profesionais

O Concello da Coruña asina un convenio coa entidade e aportará 60.000 euros a esta nova asociación para posicionar a cidade como destino MICE

O Consorcio de Turismo e A Coruña Convention Bureau asinaron esta mañá un convenio de colaboración que permitirá situar á cidade como un referente na organización de grandes eventos e reunións profesionais. Este acordo desenvolverase durante o próximo ano, con opción a prorrogarse durante dous máis e estará financiado polo Concello da Coruña con 60.000 euros.

O obxectivo deste proxecto en común é a promoción da cidade como destino MICE (siglas en inglés de Meetings, Incentives, Conventions &; Exhibitions), o sector de eventos e reunións profesionais. Con esta medida, o goberno local liderado por Inés Rey continúa a amosar o seu compromiso co turismo na cidade nas súas diferentes formas. Este impulso repercutirá en diferentes sectores económicos da nosa cidade.

O convenio foi asinado polo presidente do Consorcio de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e o presidente de A Coruña Convention Bureau, José Blanco. Esta entidade sen ánimo de lucro foi creada en abril deste ano para a potenciación da actividade turísticas e a celebración de eventos, congresos, simposios, seminarios, feiras, encontros e outras actividades de interese turístico para a cidade.

O Consorcio de Turismo da Coruña busca con esta sinatura a reactivación do sector tras a inevitable caída da actividade debido á pandemia. Para iso, financiará diferentes proxectos de A Coruña Convention Bureau. Entre eles están a organización de viaxes de inspección MICE dirixidos a compradores potenciais interesados nas cualidades da Coruña neste sector, a creación dun gabinete de comunicación para transmitir eficazmente a súa estratexia e a organización dunha gala para embaixadores MICE e un Networking Event.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.