O deputada do BNG, Olalla Rodil, e o consultor, Xosé Manuel Golpe, falarán sobre “a estafa da suba da luz”en Vilalba

Será este domingo ás 12:30 horas no Restaurante Terra Chá de Vilalba

O BNG organiza un acto público este domingo, 3 de outubro, ás 12:30 horas no Restaurante Terra Chá de Vilalba sobre a estafa da suba da luz e o papel de Galicia como produtora de enerxía eléctrica.

Contará coas intervencións de Pilar Prieto, responsábel local do BNG en Vilalba, a deputada por Lugo e viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil, e o consultor enerxético, Xosé Manuel Golpe.

Dentro da campaña A suba da luz é unha estafa. O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro  a organización frontista reivindica a aplicación de medidas e políticas positivas para Galiza dentro do marco eléctrico, dado o seu papel produtor. Porén, presenta diferentes iniciativas, como o impulso dunha tarifa eléctrica galega, o rebaixe do IVE até o 4%, garantir a subministración eléctrica a toda a poboación e contar cunha empresa pública galega de enerxía.

De igual xeito, falarase tamén sobre o impacto socioeconómic do “boom” eólico que Galicia está pasando. Vilalba atópase afectada por este fenómeno cos parques eólicos Mistral e Santuario.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.