O edificio Citroën da Coruña incluido no catálogo de elementos protexidos

A Corporación aproba a inclusión de dez novos inmobles no catálogo de elementos protexidos do Plan Xeral de Ordenación Municipal

A Corporación coruñesa aprobou hoxe de maneira definitiva a inclusión de dez novos edificios no catálogo de elementos protexidos do PXOM, o que garante a conservación e posta en valor do patrimonio da cidade. Entre eles destaca o inmoble Citroën, que agora xa non poderá ser derrubado.

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, explicou que a finalidade é protexer os edificios de incuestionable valor e xustificada calidade arquitectónica. Ademais do mencionado edificio Citroën, catalóganse un total de 6 elementos de arquitectura da segunda metade do século XX, 2 conxuntos de vivendas sociais dos anos 40-50, o edificio de Fernández Latorre 43 catalogado polo Camiño Inglés e as vivendas pareadas na rúa Padre Sarmiento.

O goberno destacou que non renuncia tampouco a catalogación de outros edificios que non se inclúen nesta aprobación como o Club do Mar de San Amaro e a Lonxa do Gran Sol. No caso da lonxa, o concelleiro confirmou que a súa intención e que teña un nivel de catalogación que sirva para compatibilizar os seus usos portuarios.

Villoslada anunciou que se está a negociar un segundo paquete de edificios a protexer cos grupos municipais na comisión de Urbanismo e levarase a aprobación en canto se poida pechar. “Estamos a traballar, dixo, nunha separata número dous que incluiría dez elementos arqueolóxicos, tres etnolóxicos, e 23 elementos de carácter arquitectónico. Pretendemos pechar con todos os grupos un borrador antes de que finalice a ano”, dixo, e engadiu que o goberno local comezará a traballar tamén nunha separata específica sobre o Camiño Inglés, que merece un tratamento diferenciado.

Doutra banda, a Corporación tamén aprobou, coa abstención do PP, unha modificación puntual do PXOM 2013 para apertura dunha nova vía entre as rúas Simón Bolívar e Alfonso Rodríguez Castelao, o coñecido como “camiño do cura” no barrio dos Rosales. Neste sentido, o edil de Urbanismo destacou “que se lle dá resposta a unha débeda histórica da cidade cos Rosales e desbloquea por fin unha actuación que levaba varios mandatos sen resolverse”.

O edil destacou que a actuación supoñe unha mellora substancial na conformación desta vía que é utilizada por moitas veciñas e veciños. E lembrou que o proxecto conta con todas as autorizacións necesarias despois de facer as correccións necesarias no documento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.