O obradoiro de emprego ‘Terra Chá no Camiño’ aposta pola inserción laboral da veciñanza de Vilalba

O Concello de Vilalba reforza a súa aposta por impulsar a inserción laboral dos seus veciños e veciñas con diferentes actividades formativas e prácticas laborais

Desde esta semana, Vilaba, en colaboración con Abadín, acolle o obradoiro de emprego ‘Terra Cha no Camiño II’, que rematará en xullo de 2022 coa participación de 20 alumnos.

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e Ignacio Criado, concelleiro de Medio ambiente e Rural, estiveron hoxe cos alumnos do obradoiro, financiado pola Consellería de Emprego da Xunta.

No caso de Vilalba, haberá seis alumnos formándose en ‘Operacións auxiliares de gravación e tratamento de datos e documentos’, seguindo co proxecto de ‘Organización e dixitalización do arquivo municipal de Vilalba’; e oito alumnos en ‘Pavimentos e albanelaría de urbanización’, desenvolvendo a súa formación co proxecto humanización da travesia Coronel Peña no casco urbano de Vilalba.

Trátase dun programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas para a obtención de cualificacións profesionais, ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo de utilidade pública e interese social.

“Con este tipo de obradoiros melloramos a empregabilidade dos participantes, que obteñen a cualificación necesaria para optar a postos de traballo; aínda que os concellos non temos competencias directas en materia de emprego, temos que facer todo o posible para axudar á nosa veciñanza”, afirma Elba Veleiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.