O SiSons Enclave Musical chega case ao seu final coa súa terceira xornada chea de actuacións musicais e actividades para todo o público

Este domingo 24, faremos o peche final deste enclave musical coa actuación pola mañá do grupo vocal feminino Entrelas, grupo consolidado por oito integrantes que demostrará o seu entendemento dentro da música coral.

EntrElas Octubre 2021 segunda.jpg

A xornada de hoxe a comezamos no Auditorio do colexio La Salles, de Santiago, cunha actuación moi especial da man do grupo de música tradicional galega Pan Sen Fron, onde puidemos disfrutar dun momento moi agradable cos seus talentosos integrantes.

WhatsApp Image 2021-10-23 at 18.30.02.jpeg

Proseguimos a xornada para a sesión vermut, de 13.00h a 14.30h co grupo Amoeba Split, recentemente chegados da Coruña para mostrarnos un pouco dos seus temas clasificados dentro do xénero »jazz-rock progresivo».

WhatsApp Image 2021-10-23 at 18.30.02 (1).jpeg

Complementando estos concertos, tivemos a oportunidade de realizar actividades paralelas en distintos centros cívicos da cidade. No Centro Sociocultural de Vite contamos cunha nova proposta para a mocidade, consta dunha actuación do grupo coruñés The Vibe Project, cos seus bailes que engloban a cultura k-pop. Neste centro tamén puidemos contar na xornada da tarde cunha programación para os mais pequenos da man de Oviravai e a súa actuación ‘Paio e o poder da música’ , ás 18.00h.

No Centro Sociocultural de Castiñeiriño disfrutamos de Fernando Pujalte e a súa ‘Cinecleta’, un proxecto de recuperación e exhibición de películas de cinema doméstico en formato 8mm, Super 8 e 16mm, filmadas por afeccionados e cineastas amateurs galegos no século pasado. E por último, no Centro Sociocultural de Fontiñas, presentamos o ‘MIP’ coa colaboración do musicoterapeuta Robert Pier, quén é a principal voz deste proxecto.

WhatsApp Image 2021-10-23 at 18.30.02 (2).jpeg

Para finalizar ás xornadas da tarde no Auditorio de La Salles, contamos con dúas grandes actuación musicais dos grupos, Maraya Zydeco e pechando con Adhara&Ritman. Dúas propostas que presentan gran forza cos seus temas e unha gran profesionalidade como artistas.

WhatsApp Image 2021-10-23 at 18.30.02 (3).jpeg

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.