Olalla Rodil e Rubén Arroxo presentan en Lugo a XVII Asemblea Nacional do BNG

O BNG fixa novos retos na organización para acadar a Presidencia da Xunta en 2024

A deputada no Parlamento galego, Olalla Rodil, xunto o tenente alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, presentaron esta mañá en Lugo a XVII Asemblea Nacional do BNG, a que se celebrará o vindeiro 7 de novembro na cidade da Coruña.

As nacionalistas deste xeito inician o proceso asembleario para debater as teses do futuro BNG, no que na Comarca de Lugo arranca este xoves 21 de outubro a través da súa asemblea comarcal.

A deputada Olalla Rodil recalcou o funcionamento do proceso onde «a militancia é quen decide a liña e a dirección da nosa organización, onde o BNG amosa amplamente a súa cultura democrática e participativa, feito que nos diferencia doutras organizacións políticas».

Olalla Rodil sinalou os retos do BNG e do porvir de Galcia «estamos nun momento transcendental para o futuro do noso país e o BNG ponse en marcha neste proceso para acadar un novo rumbo».

Neste senso, a parlamentaria do BNG fixo balance do traballo da organización «recuperamos a voz de Galiza no Congreso da man de Néstor Rego, medramos en concelleiros e concelleiras, deixamos atrás a paralise de Lugo  e activamos un Lugo mellor e máis humano, e tamén conseguimos acadar ser a primeira forza da oposición con 19 deputadas e deputados no Parlamento galego».

Rodil afirmou que o BNG abre unha novo ciclo nesta XVII Asemblea Nacional «marcamos dous obxectivos neste nova etapa para o BNG, sumar máis xente para demostrar que somos alternativa e conseguir no 2024 a Presidencia da Xunta de Galiza».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.