Ortigueira, Ferrol, Culleredo, Carballo, Cee, Boiro, Ames e Melide acollerán 8 seminarios de defensa persoal feminina

Os cursos da Deputación desenvolveranse ao longo dos vindeiros meses e neles as mulleres participantes poderán aprender técnicas de autodefensa e protocolos de actuación ante unha posible situación de perigo

A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza oito seminarios de defensa persoal feminina nos concellos de Ortigueira, Ferrol, Culleredo, Carballo, Cee, Boiro, Ames e Melide.

Segundo explicou a deputada de Deportes, Cristina Capelán Caneclo, nos cursos as mulleres participantes “poderán ensaiar técnicas e estratexias para defenderse ante unha posible situación de perigo, rompendo os mecanismos que bloquean e imposibilitan a reacción”.

Os talleres son gratuítos e están dirixidos á persoas de 14 a 70 anos empadroadas en calquera concello da provincia da Coruña. Nas aulas poderán aprender técnicas de autodefensa e protocolos de actuación no ámbito da defensa persoal. Deste xeito, descubrirán como situarse, afianzarse, saber caer e levantarse, manexarse no chan, moverse e desprazarse ou manter a distancia.Os seminarios terán lugar os sábados en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Desde o ente provincial recoméndase que as participantes leven roupa cómoda e deportiva e, se é posible, sen cremalleiras. Durante as sesións o uso da máscara será obrigatorio en todo momento.

Cada encontro contará cun mínimo de 20 participantes e un máximo de 70. Un número que poderá reducirse en función do disposto nas últimas medidas que se aproben para facer fronte á crise sanitaria na comunidade.

O prazo de inscrición aos seminarios de Ortigueira e Ferrol abre hoxe xoves, 7 de outubro,  e os das vindeiras clases farao de forma progresiva. As persoas interesadas deberán anotarse no Rexistro dos concellos que sexan sede.

Programación e prazos de inscrición

Ortigueira- 13 de novembro 2021

Pavillón deportivo IES Ortigueira

Prazo de inscrición: do 7 ao 27 de outubro

 

Ferrol– 27 de novembro 2021

Pavillón municipal da Malata

Prazo de inscrición: do 7 ao 27 de outubro

 

Culleredo – 11 de decembro 2021

Pavillón polideportivo Sofía Casanova

Prazo inscrición: do 10 ao 30 de novembro 2021

 

Carballo – 15 de xaneiro 2022

Complexo deportivo Vila de Noia e Carballo Calero

Prazo inscrición: do 1 ao 20 de decembro 2021

 

Cee – 29 de xaneiro 2022

Pavillón municipal

Prazo de inscrición: do 1 ao 20 de decembro 2021

 

Boiro – 12 de febreiro 2022

Polideportivo de Barraña

Prazo de inscrición: do 10 ao 30 de xaneiro 2022

 

Ames – 26 de febreiro 2022

Pavillón municipal

Prazo de inscrición: do 10 ao 30 de xaneiro 2022

 

Melide – 12 de marzo 2022

Polideportivo municipal

Prazo de inscrición: do 1 ao 20 de febreiro 2022

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.