Os centros de ensino de Lugo retoman as actividades extraescolares presenciais

A concellería de Educación ofertara 74 horas semanais de actividades gratuitas nos centros públicos

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo vén de aprobar a contratación das novas actividades extraescolares para o curso 2021-22. Arroxo explicou que «este ano retomamos as actividades presenciais, avanzando na recuperación da normalidade máis mantendo todas as medidas sanitarias marcadas polos protocolos vixentes».

A concellería de Educación inviste 49.100€ na prestación deste servizo, o que permitirá «mellorar as condicións do persoal que traballa nestas actividades», segundo declarou o Tenente Alcalde. Rubén Arroxo destacou a «colaboración» entre o concello, as direccións dos centros e as anpas para manter este servizo que permite facilitar a conciliación familiar, ao manter os centros educativos abertos ata as 18 horas.

As actividades a ofertar este ano son similares a anos anteriores, incluíndo baile tradicional, baile moderno, patinaxe, xadrez, pintura e actividades de animación á lectura e contacontos, adaptadas ás medidas sanitarias vixentes na actualidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.