Os socialistas demandan no Parlamento rematar o Porto Seco de Monforte e habilitar un peirao intermodal

A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero avanzou que defenderá unha iniciativa mañá xoves a partir das 10:30 na Comisión de Ordenación e Obras Públicas do Parlamento

A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero avanzou que defenderá unha iniciativa mañá xoves a partir das 10:30 na Comisión de Ordenación e Obras Públicas do Parlamento, co fin de demandar rematar, na maior brevidade posible, a conexión do Porto Seco de Monforte de Lemos coa N-120, así como habilitar un peirao intermodal no Porto Seco.

Así o anuncio hoxe a Voceira de Infraestruturas, acompañada do Alcalde de Monforte de Lemos e Presidente da Deputación, José Tome Roca nesta mesma plataforma loxística. O alcalde dixo que “o goberno de Feijóo ten que actuar xa, é necesario reactivar este proxecto. Precisamos de compromisos claros e orzamento para reactivar esta dotación, que será unha infraestrutura vital para o futuro desenvolvemento da provincia de Lugo. O Goberno de Feijóo non pode seguir dándonos ás costas”, advertiu.

Os socialistas lembran que “o informe do Eixo Atlántico de 2016, sobre o Porto Seco de Monforte de Lemos, reflicte que: “é un proxecto que leva demasiados anos estancado, especialmente se consideramos a importancia que ten, dende o punto de vista estratéxico e económico, non só para o eixe interior de Galicia, o menos desenvolvido, senón para a fachada marítima, en termos portuarios, e, para o conxunto dunha Eurorrexión na que viven 7 millóns de cidadáns, e na que intentan traballar sen ter que emigrar novamente, a maior parte deles”.

Nin unha soa empresa

Dende o PSdeG lembran que “este proxecto de plataforma xa foi anunciada por Manuel Fraga no ano 2011, e inaugurada por Feijóo no ano 2014. Pero lamentablemente 7 anos despois desta inauguración non existe alí instalada ningunha empresa”. Por iso entendemos que “é urxente e necesario que canto antes se lle poña remedio a estas carencias, e que dunha vez por todas o Goberno de Feijóo cumpra os seus compromisos con Monforte de Lemos”.

Unha competencia do Goberno de Feijóo

Así as cousas, na iniciativa rexistrada argumentan que “o Porto Seco de Monforte é competencia da Xunta, pero tal e como se pode comprobar  téñeno totalmente abandonado e esquecido, e non atenden á necesidade de dotar a este centro loxístico duns accesos que lle permitan ser operativos mediante o viario de conexión coa N-120. Ademais, actualmente segue pendente a execución do tramo de menos de 1 km que contemplaría os accesos do Porto Seco coa N-120. Ata o de agora o seu único é a via que une Monforte coa Pobra de Brollón, unha vía de comunicación estreita e sen beiravía, pouco axeitada para o tipo de tráfico que debe de xerar este parque empresarial”.

Peirao de carga e descarga

“O Goberno de Feijóo nin se quera foi capaz de construír o peirao de carga e descarga, un dispositivo fundamental para que o parque industrial se poida considerar intermodal, xa que sen un sistema así non sería posible o transvase de mercadorías operativo entre a terminal ferroviaria e nas parcelas acondicionas ao seu lado”, sinala Patricia Otero.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.