Os veciños e veciñas de Vilalba xa poden disfrutar do novo parque infantil e biosaudable da praza da Constitución

Os veciños e veciñas de Vilalba poden desfrutar desde hoxe do novo espazo de xogos infantís e biosaudables realizado polo concello para humanizar os parterres existentes na parte oeste da praza da Constitución

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e o concelleiro de Infraestruturas, Luis Fernández, visitaron esta mañá o espazo cos responsables da empresa encargada das obras.

A actuación tivo un orzamento de 48.380 euros e serve para completar o parque infantil existente na praza, recentemente reformado tamén polo goberno local. O concello creou un gran espazo de lecer con xogos infantís adaptados a todas as idades e aparatos adaptados ao coidado da saúde e da mobilidade das persoas adultas.

En concreto, acondicionouse a explanada cun pavimento amortiguador de seguridade. Doutra banda, conserváronse as árbores de maior importancia, resembrouse o céspede natural nas zonas de vexetación e plantouse un peche perimetral vexetal.

Instalouse un rocódromo para nenos e nenas, un dos primeiros ao aire libre que se fan en Galicia destas características. Hai tamén un campo de fútbol de material sintético para xogar 3×3 os nenos e aparatos biosaudables para a xente adulta, cuxos modelos escollidos permiten mellorar a condición física.

“Continuamos con estas obras co proceso de renovación de todos os parques e zonas infantiles e de lecer, que xa fixemos na propia praza da Constitución e faremos a curto prazo na alameda de Basanta Olano”, explica Luis Fernández.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.