Patrimonea estrea o roteiro sendeirista “Os camiños da historia” en Touro

A empresa local Patrimonea acaba de anunciar unha nova oferta no seu programa de roteiros de sendeirismo na localidade. Darío Rey, o fundador de Patrimonea, deseñou un itinerario inédito duns 11 quilómetros que ten como principal interese o seu valor histórico

O inicio terá lugar na carballeira de Brandelos, un enclave natural coñecido polas súas augas mineromedicinais de poder curativo que xa tiñan fama entre os médicos santiagueses no século XIX.

Durante o percorrido recorreranse camiños, nun entorno caracterizado polo bosque autóctono e a continua presenza da auga, nos que algúns investigadores sitúan a vía romana XIX que unía Braga con Astorga.  Esta idea vese reforzada por outros dous puntos estratéxicos que poderán disfrutar os sendeiristas. O primeiro deles é o castro situado no Coto de San Sebastián, o punto máis alto do concello de Touro.  Dende este lugar priviliexado os participantes na ruta divisarán unha singular xoia arqueolóxica: o campamento romano de O Castrillón. Este campamento foi descuberto polo grupo de investigación Romanarmy, no que participan investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, e supón unha auténtica revolución no coñecemento sobre a conquista de Gallaecia por parte das tropas romanas.

A fervenza do Batán, o hórreo BIC de Outeiro ou un serradoiro hidráulico serán outros dos puntos de interese que poñerán a guinda a este roteiro de dificultade media que se celebrará o 30 de outubro. O punto de encontro dos participantes será Casa Louzao en Fonte Díaz ás 09:30. Os interesados en inscribirse a esta ruta atoparán toda a información na web, nas redes sociais ou mediante un whatsapp ao 699680217.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.