Previa da xornada para os equipos das Escolas Balonmán Xiria

1ª Nacional Masculina

Volve o Calvo Xiria o sábado ás 20:00 ao Vila de Noia; no que será o partido da xornada; xa que o Balonmano Ingenio visita Carballo. O conxunto das Palmas levouse a vitoria nas súas últimas dúas visitas. Polo tanto quere o Calvo Xiria cambiar o refacho ante un rival directo, nun partido emocionante e vibrante onde a afección deberá arroupar aos seus en cada momento. A procura de opcións eficaces no lanzamento a través da amplitude no xogo, xunto ao balance defensivo serán unha das armas para explotar polos de Carballo.

1ª Autonómica Feminina

Dobre xornada para as do Calvo Xiria; que o domingo á 13:00 enfróntanse ao Seis Do Nadal no Vila de Noia e o martes ás 12:00 en Santa Comba, recuperarán o partido aprazado contra o Mantido Sl Contr Bm Xallas. Dous partidos importantes, para coller o tren da cabeza. Para iso, o técnico Manuel López dispón de todo o persoal, un aspecto para ter en conta á hora de afrontar a fin de semana. A defensa e o contraataque poden ser relevantes en cada un dos partidos.

Categorías Base

No referente ás categorías base; comeza a liga Ouro xuvenil. O Hierros Varela Urbieta Xiria xoga o sábado ás 12:45 nas Travesas, contra Ub Lavadores Vigo e o Laber Xiria fará os propio en Carballo ás 10:30, contra o máximo favorito, Club Cisne Balonmán Colegio Los Sauces.

Os cadetes do Grupo Lemaco Xiria, xogan o seu particular play off de ascenso, fano como locais e os seus rivais serán o Balonman Chapela, venres ás 19:00 e o Acanor At Novás o domingo ás 11:00.

Mentres o Garaysa Xiria e o Punta del Este Xiria xogan os cuartos de final de Copa a domicilio. Farano contra o Bm Culleredo Remax Riazor e Ad Carballal, respectivamente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.