Previa da xornada para os equipos do Escolas Balonmán Xiria

Viaxe a Lanzarote para o Calvo Xiria que se medirá ao Gourmet Ampate Lanzarote nun duelo de altura o sábado ás 20:00. A emoción que nos brinda a primeira nacional esta tempada, cada semana é digna de mención. Un partido onde os detalles marcarán o porvir do Calvo Xiria, de novo o balance defensivo xogará un papel importante, ante as rápidas transicións dos locais. O equipo vai axustando os sistemas e mellorando a coordinación entre os seus xogadores, de forma significativa. E é que fará falta seguir evolucionando cada semana para enfrontar a bos rivais como o é o Gourmet Ampate Lanzarote. Atentos ao streaming, nun dos partidos da xornada.

Na primeira autonómica feminina, o Calvo Xiria, tamén xogará a domicilio nunha das pistas máis complicadas do ano, o pavillón Coirón Dena, acollerá o duelo entre o Asmubal Meaño e o Calvo Xiria o sábado ás 19:00. Rival de entidade para as nosas, para saber en que momento de forma atópanse a estas alturas e valorar o crecemento do equipo, que segue sumando experiencias positivas.

No referente ás categorías base; imos á xornada dúas da liga Ouro xuvenil e comezará a competición para outros 5 equipos das Escolas Balonman Xiria. En liga Ouro xuvenil; xogarán Em Abegondo e Laber Xiria A (Sábado 10:30, San Marcos), mentres o Hierros Varela Urbieta Xiria enfróntase ao Balonman Culleredo Rafergal (Sábado 10:30, Vila de Noia).

En liga Oro cadete, o Grupo Lemaco Xiria A medirase ao Carballiño Gasóleos Rivera (Domingo 10:30, Vila de Noia) mentres na liga Ouro infantil, o partido será, entre o Bm Porriño e Punta del Este Xiria (Sábado 11:45, Porriño) e o Garaysa Xiria contra o Acanor Atl. Novás (Domingo 12:30, Vila de Noia).

Dous partidos máis de liga Prata completan a fin de semana. Os xuvenís do Laber Xiria B enfróntanse ao Ub Lavadores en Vigo (Sábado 17:00) e os cadetes do Grupo Lemaco Xiria B farán o propio contra o Club Bm Panadería De Covas Viveiro (Sábado 12:30, Vila De Noia)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.