Primarias PSdeG. Gonzalo Caballero garante «un PSdeG gañador dende a esquerda coa forza da militancia»

Gonzalo Caballero acudiu hoxe ata Cedeira para manter unha xuntanza coa militancia socialista deste concello do Ortegal.

Alí, Gonzalo Caballero compartiu cos compañeiros e as compañeiras de partido o seu proxecto dun PSdeG gañador dende a esquerda, coa forza da militancia».

 E é que o seu obxectivo, dixo, é «dar a Galicia, ás galegas e aos galegos, a mellor alternativa de progreso» e gañar as seguintes eleccións: as municipais e xerais de 2023.

«Eu quero un PSdeG galeguista, feminista, ecoloxista e claramente de esquerdas que traballe cada día por ofrecer aos galegos e ás galegas solucións aos seus problemas e inquedanzas, amosando que somos a alternativa ao PP», recalcou.

 Por iso, asegurou, seguirá recorrendo as agrupacións do PSdeG para trasladar á militancia «o mellor para o futuro do noso partido e de Galicia».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.