Propostas do Partido Galeguista á Xunta ante o peche de oficinas bancarias no rural

“Prioricemos medidas concretas para que o rural sexa un lugar vivo e digno para vivir”

“O rural galego, sofre o esquecemento institucional e político, e vese despoxado de poboación e recursos, xa que conta con peores servizos, peores infraestruturas e pérda de atractivo empresarial, o que está a provocar  éxodo da poboación rural. En definitiva abandono de actividades do sector primario (agricultura e gandería), en busca de oportunidades en actividades do sector secundario (industria) e do sector terciario (servizos)” alertan dende o PG.

O éxodo da poboación, non só alcanza os pequenos núcleos, senón tamén podemos falar do «drama das vilas  do interior de Galicia», que ante a falta de actividades do sector industrial con capacidade para reter poboación, tamén sofren a fuga dos seus veciños e veciñas, no que podemos clasificar como «fuga de talento», pois principalmente quen abandona a súa residencia,  son  mozos e mozas con un nivel alto de formación.  Esta fuga de xente nova, acentúa o desequilibrio da pirámide da poboación, con cada vez máis peso dos tramos de xente de máis anos, e menos novas familias con nenos que manteñan a residencia nestas vilas.

Cabe recordar que o tratado de funcionamento da UE, no seu artigo 174, avoga por «procurar un desenrolo armonioso do conxunto da Unión, e por reforzar a cohesión económica, social e territorial, para o que propón prestar especial atención as zonas que padecen desventaxas naturais ou demográfica graves e permanentes».

Propostas do Partido Galeguista presentadas á Xunta de Galicia

Proposta 1.- Tomar as medidas necesarias, para parar a fuga de servizos bancarios, mediante o peche de oficinas que provocan a ausencia de este servizo en numerosos Concellos, facendo valer o seu peso Institucional ante as distintas Entidades Bancarias. Estas entidades teñen diferentes fórmulas de minimizar os seus custes propios mantendo os mandatos do Banco Central Europeo, e ao tempo manter servizos con oficinas abertas por unha soa persoa ou «axente bancario», así como atención por días ou horas determinadas.

Proposta 2.- Que a Xunta promova cos instrumentos necesarios para a constitución dunha Banca Pública Galega (BPG), a través da cal se poida resolver o actual problema para dar os servizos necesarios no rural, e ao tempo dotar a Galicia dunha ferramenta económica fundamental para avanzar na construción real do País atendendo de forma transversal a todo o tramado económico, empresarial, social, etc. Nesta entidade terán unha importancia relevante os Concellos, como entes participantes da mesma BPG, facilitando deste xeito a consecución de servizos para a veciñanza nos seus territorios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.