Rescatado polo helicóptero Pesca I tras caer ao mar desde unhas rochas en Fisterra

O helicóptero Pesca I rescatou a un home que caeu ao mar desde unhas rochas próximas á praia da Arnela, en Fisterra

Foi un familiar da vítima quen avisaba ao 112 Galicia, ás sete da tarde, de que a persoa caera, levara un golpe na cabeza e non conseguía saír da auga.

Con estes datos, de xeito inmediato, os xestores do CIAE-112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios, da Garda Civil, de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia e de Protección Civil de Fisterra.

Salvamento mobilizou dúas embarcacións ata o lugar. Ademais, o Servizo de Gardacostas de Galicia enviou ao helicóptero Pesca I, que foi quen rescatou ao home e o trasladou, posteriormente, ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Finalmente, segundo informou Salvamento Marítimo ao 112 Galicia, o home faleceu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.