Rubén Arroxo anuncia a renovación da praza da Árbore, na rúa Conde

Hoxe comezaron os traballos, que consistirán no aumento das beirarrúas da zona e na eliminación dun carril de incorporación inutilizado hai anos

O Tenente Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, persoal técnico municipal e o presidente da Asociación Veciñal do barrio de Paradai, visitaron a praza da Árbore, ubicada na confluencia das rúas Río Sil, Conde e Salmón, onde o goberno de Lugo está a realizar unha actuación para, segundo explicou Rubén Arroxo «recuperar un espazo que levaba moito tempo abandonado e desaproveitado».

O Tenente Alcalde explicou que «con esta intervención melloraremos a accesibilidade ao aumentar o tamaño as beirarrúas e reformando a praza para que a veciñanza da zona poida facer uso dela». A intervención que leva adiante o Goberno de Lugo inclúe a eliminación dun carril de incorporación que levaba moitos anos inutilizado, o que aumentará o espazo adicado ao uso peonil.

Esta actuación realizarase en conxunto coa mellora da unión da rotonda que une Río Sil con Infanta Elena. «Nos últimos meses puxemos fin a un dos puntos negros máis importantes da cidade, na saída de Infanta Elena de cara a Río Sil, e con esta actuación complementaremos os traballos executados de xeito provisional nese momento, mellorando ese espazo de xeito definitivo, evitando que as solucións temporais perduren no tempo», expliou Rubén Arroxo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.