Rubén Arroxo e Maite Ferreiro asisten á exhibición de saltos Saltar na rúa, que tivo lugar na explanada do Gustavo Freire

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto á concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, asistiron esta tarde á exhibición de saltos Saltar na rúa, que se celebrou no recinto do Auditorio Gustavo Freire.

«Desde o Concello de Lugo quixemos rematar as actividades deportivas deste San Froilán cunha actividade novidosa en Lugo, e que noutras cidades conta cunha grande popularidade e é xa unha cita anualmente moi demandada pola veciñanza», explicou Maite Ferreiro, que destacou «o éxito desta actividade entre a veciñanza asistente».

A área de Cultura e o clube de atletismo Lucus Caixa Rural Galega colaboraron na organizan esta exhibición que contou con probas de salto de lonxitude e salto de altura. O grupo Galician Army encargouse da animación musical do evento.

O clube homenaxeou á atleta lucense Adi Iglesias, que vén de gañar unha medalla de ouro e unha de prata nos xogos paralímpicos de Tokio. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.