Rubén Arroxo visita o polígono das Gándaras, onde o Goberno de Lugo está a actuar para mellorar a seguridade viaria

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas e persoal técnico municipal visitaron as obras de mellora da seguridade viaria no polígono das Gándaras, que comezaron a executarse nestes días na rúa D

A actuación consistirá en modificar o ancho da mediana da rúa D, pasando dos 11 metros actuais a 5. «Este cambio permitirá crear un novo carril de circulación de 3 metros de ancho en cada un dos sentidos», explicou o Tenente Alcalde, que engadiu «isto permitirá mellorar a fluidez do tráfico e aumentar a maniobrabilidade dos vehículos industriais, o que en conxunto producirá un aumento da seguridade vial na contorna». A actuación foi adxudicada a Francisco Gómez y CIA S.L, cun orzamento de 53.423,14€.

«Trátase dunha mellora importante para o polígono das gándaras, que a curto prazo atenderá unha demanda das empresas que xa están asentadas e que actualmente teñen problemas coa maniobrabilidade dos camións no momento de acceder ou saír das naves», afirmou Rubén Arroxo. Segundo o Tenente Alcalde «a construción da segunda fase do polígono fará que esta vía pase a acoller unha maior cantidade de tráfico, que contará cunha vía de tamaño suficiente como para garantir a circulación fluída».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.