SOS Sanidade Pública A Coruña convoca hoxe, 28 de outubro, unha concentración no Obelisco ás 8 da tarde.

 A sanidade pública galega sae da pandemia con perda de valor e máis débil, sobre todo polas listas de espera e as dificultades de acceso, máis na atención primaria.

«Necesitamos reforzar a sanidade pública, cambiar a tendencia, aumentar os recursos e o financiamento e introducir cambios na xestión, na política sanitaria».

«Por iso facemos un chamamento á sociedade galega a participar na concentración no Obelisco hoxe xoves 28 de outubro e tamén na manifestación que se celebrará en Santiago o 14 de novembro, con saída da Alameda ás 12:00».

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.