Steven Emerman considera inviable o Proxecto Touro

  • O doctor Steven Emerman sinala que a falla dunha balsa de lodos mineiros é inevitable.
  • O profesor hidrólogo e xeólogo alerta que España e Portugal teñen os regulamentos de seguridade de presas máis febles do mundo.

Este domingo tivo  lugar un seminario en liña organizado por Ecoloxistas en Acción, no que Steven Emerman fixo unha detallada exposición dos conceptos de drenaxe áceda de mina e os seus impactos, especialmente sobre as balsas ou relaves de lodos mineiros, as suas características e consecuencias das roturas ou fallas, con exposición dos casos máis coñecidos e con referencias na nosa península as minas a ceo aberto de extracción de cobre en Huelva, ao proxecto denegado de Touro e o proxecto en estudo de Covas do Barroso en Portugal, que tivo a oportunidade de estudiar en profundidade. O Dr. Emerman realizou un informe fundamental para demostrar os perigos que suporían as balsas de lodos mineiros que contemplaba o proxecto Touro, logo do análise da documentación presentada pola promotora do proxecto, así coma o risco do recremento das balsas mineiras de Atalaya Mining en Huelva.
Logo do análise de diversos proxectos que tivo a oportunidade de estudar e visitar en distintos países do mundo e en espcial de América, África,  España e Portugal o xeofísico suliña que a falla dunha presa de lodos é inevitable, dependendo o risco solo das consecuencias da falla, dos múltiples casos estudiados, salienta que os regulamentos de seguridade que existen en España e Portugal, tanto para presas mineiras como de retención de auga, son os máis febles do mundo sendo estes dous países nos que ainda se siguen utilizando presas de augas arriba, ainda que no resto do mundo se estén alonxando deste sistema.
Neste seminario en aberto a través de acceso libre en liña, participaron numerosas persoas, veciños e veciñas de localidades afectadas por proxectos mineiros de distintos puntos da península e dos casos descritos na exposición, así como de diferentes asociacións e colectivos de varias comunidades da nosa península con proxectos mineiros en estudio, sin actividade uns e outros proxectos en activo espallados por toda a xeografía: en Galicia (Touro, Serra do Suido, Corcoesto, Varilongo, San Finx), Asturias (Salave), Extremadura (Cañaveral, Alconchel), Andalucía (Minas de Ríotinto).
O Dr. Steven Emerman é un recoñecido consultor internacional en hidroloxía e especialista na avaliación da afectación ambiental das explotacións mineiras. É Doutor en Xeofísica pola Universidade de Cornell, Máster en Xeofísica pola Universidade de Princeton e Licenciado en Matemáticas pola Universidade Estatal de Ohio. Profesor xubilado con máis de 30 anos de experiencia no ensino universitario de hidroloxía e xeofísica e 66 publicacións científicas na materia, actualmente continúa exercendo como consultor independente traballando tanto para empresas mineiras e organismos públicos como para organizacións non-gobernamentais. O Dr. Emerman evaluou  presas de relaves propostas i existentes en América do Norte, América do Sur, Europa, África, Asia e Oceanía. Testificou sobre presas de relaves ante o Subcomité de Pueblos Indígenas dos Estados Unidos da Cámara de Representantes Estadounidense e o Foro Permanente das Naciones Unidas para á Cuestiones Indígenas. O Dr. Emerman é o presidente del Subcomité de Cuerpo de Conocimientos de la Sociedad Estadounidense de Presas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.