Tino Fernández e Marcos Rey respaldan as actividades organizadas pola AECC con motivo do Día Mundial Contra o Cancro de Mama

O tenente de alcalde e concelleiro de Actividade Física e Saúde, Tino Fernández, e o edil de Benestar Social, Marcos Rey, achegáronse esta mañá ata a Praza de España para participar nas actividades informativas e de concienciación organizadas pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) con motivo da conmemoración do Día Mundial Contra o Cancro de Mama.

Fernández e Rey tamén distribuíron polo Concello os lazos de cor rosa en apoio á loita contra esta enfermidade, que supón a primeira causa de mortalidade por cancro entre as mulleres.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.