Un incendio calcina por completo unha vivenda na Pobra de Trives

Un lume declarado nunha vivenda do lugar de Vilanova, no concello ourensán da Pobra de Trives, mobilizou aos servizos de emerxencias esta madrugada

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través da Garda Civil, que informaba, arredor das dúas da madrugada, dun incendio nunha casa na parroquia de Vilanova no concello de Pobra de Trives. Nese momento, un particular tamén se poñía en contacto co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112 Galicia) e engadía que a vivenda tiña unha planta e que, afortunadamente, non había persoas afectadas. Con todo, sinalaba que nas proximidades da casa incendiada había outras que corrían perigo de resultar afectadas polo lume.

De inmediato, o 112 Galicia pasou o aviso aos servizos sanitarios, ao GES de Castro Caldelas, a Protección Civil de Trives, a Protección Civil de San Xoán de Río e ao Servizo de de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Ourense.

Ao remate das súas tarefas, os medios de extinción confirmaron que só se viu afectada polo lume unha vivenda, que ardeu por completo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.