Un novo vehículo de traballo para a brigada municipal de obras de Lugo

Alexandre Penas destacou «o labor que realiza a brigada, que permite facer moitas actuacións pequenas que garanten o benestar da veciñanza»

O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas de Lugo, Alexandre Penas, informou da adquisición dun novo vehículo de traballo para a brigada municipal de obras. «Trátase dunha acción necesaria para mellorar as condicións do persoal desta brigada, moi necesaria para a cidade debido aos traballos que realizan», explicou Alexandre Penas.

«Avanzamos tamén de cara á sostibilidade, adquirindo novos vehículos con mellores prestacións e que realizan menos emisións de substancias contaminantes», explicou Alexandre Penas, que engadiu «a substitución tamén mellorará as condicións de traballo do persoal das brigadas, ao contar con maior espazo para a carga de material e ter elementos de seguridade cos que os vehículos antigos non contaban».

Alexandre Penas afirmou «seguimos traballando para mellorar o parque móbil da brigada, mellorando as condicións do persoal municipal e a capacidade de traballo». O edil de Infraestruturas lembrou que «esta compra compleméntase cos vehículos adquiridos no 2020, ademais dos alugados que serven para facilitar os desprazamentos do persoal técnico aos distintos traballos».

A empresa Caetano Fórmula subministrará un Renault Trafic Blue DCI de 146Cv, por un total de 25.446,79€. A maiores dos requerimentos mínimos do prego de características, o vehículo adquirido por Infraestruturas inclúe melloras para mellorar a maniobrabilidade nos itinerarios dificilmente transitables como as zonas periurbanas, sistema anti-balance para remolque, útil en situacións nas que sexa necesario transportar maquinaria ou material que non entre no furgón, modo eco para reducir o consumo de combustible e roda de reposto de tamaño completo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.