Unha senda peonil de 3 quilómetros percorrerá a estrada de Ares a Redes

As plataforma terá un ancho de dous metros e permitirá mellorar de forma considerable a seguridade dunha vía moi transitada por camiñantes, sobre todo en tempada estival

A Deputación da Coruña mellorará a seguridade viaria na estrada provincial DP-0401 de Ares a Redes coa creación dunha senda peonil de máis de tres quilómetros de lonxitude e dous metros de ancho. As actuacións, en fase de licitación, supoñen un importante investimento de 748.038 euros.

A través destas obras, a Deputación “cumpre o compromiso adquirido co Concello de Ares e busca mellorar a seguridade peonil nunha vía que é moi transitada por camiñantes, sobre todo en tempada estival”, informou o presidente provincial, Valentín González Formoso.

Os traballos permitirán configurar unha plataforma de dous metros de ancho e 3.060 metros de longo. A senda discorrerá na súa meirande parte pola marxe dereita, a excepción da zona próxima ao peche da Villa Santa Amalia, na que o fará pola esquerda para non provocar afeccións sobre este.

Entre as actuacións tamén figura a instalación dun muro de contención entre os puntos quilométricos 2+636 e 2+650 para evitar a invasión excesiva de parcelas anexas. Así mesmo, ampliaranse as obras de drenaxe existentes, proxectarase drenaxe lonxitudinal mediante colector de PVC e instalarase sinalización e balizamento ao longo do borde da senda. Unha vez rematadas as tarefas reporanse os servizos afectados.

As obras terán un prazo de execución de oito meses e as empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o 2 de novembro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.