Unidas Podemos sinala o posible incumprimento de principios constitucionais básicos nas afirmacións realizadas pola xuíza de Marbella

Antón Gómez Reino: “Estamos moi orgullosas de pertencer á Galicia profunda”

O Grupo Parlamentario Confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común rexistrou unha iniciativa parlamentaria no Congreso relativa ao cumprimento da Constitución Española polo Xulgado de Primeira Instancia nº7 de Marbella.

O documento, asinado polo deputado Antón Gómez Reino, pregunta ao Goberno pola aplicación de varios artigos da Constitución Española nos actos e expresións realizadas pola xuíza de Marbella que retirou a unha muller a custodia do seu fillo por vivir no que ela considera a “Galicia profunda”. Entre eles, Gómez Reino sinalou o artigo 19, que apunta que “Os españois teñen dereito a elixir libremente a súa residencia e a circular polo territorio nacional. (…)”.

“As expresións realizadas por esta xuíza denotan unha gran incultura. Sinceramente, estamos moi orgullosas de pertencer a esa «Galicia profunda» á que se refire. Somos dela, somos da «Galicia profunda», unha terra marabillosa para criar ás nosas fillas para que crezan nunha contorna chea de riqueza natural e cultural. É unha fortuna vivir aquí”, sinalou o deputado.

Desta maneira, Galicia en Común denunciou a discriminación nas afirmacións realizadas pola xuíza e pediu no Congreso dos Deputados unha valoración ao Goberno. “Estamos a falar do cumprimento da Constitución e parécenos moi grave que quen ten que impartir xustiza a ignore e menosprece tan abertamente ao noso país. Estamos a falar de igualdade”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.