Valentín G. Formoso. «Aposto por un PSdeG «forte e unido, que estea ao carón da xente e, como xa fixo noutra época, volva a ter criterio sobre asuntos de país»

Valentín González Formoso desprazouse esta tarde cara Cerceda, Betanzos e Vilalba para manter encontros coa militancia destes municipios, nos que reivindicou que «non hai que ter medo ás Primarias, son unha ferramenta democrática que dá voz á militancia para que decida o futuro do partido fronte aos dedazos doutras agrupacións políticas» e incidiu en que fará unha campaña «en positivo, «baseada en ideas e propostas, sen entrar en confrontacións persoais que carecen de sentido porque todos somos compañeiros, todas e todos somos socialistas e queremos o mellor para o futuro do socialismo en Galicia».

Formoso aposta por un modelo de PSdeG «forte e unido, que estea ao carón da xente e, como xa fixo noutros tempos, volva a ter criterio sobre asuntos de país e non se limite a sinalar problemas senón tamén a aportar solucións. É dicir, que faga un socialismo útil para a sociedade porque esa é a nosa forma de ser e a nosa forma de gobernar», afirmou.

Ademais, incidiu no seu primeiro compromiso como candidato para que o proceso de Primarias de que «en ningún momento haberá unhas Primarias á medida do Secretario Xeral e existirá sempre o tempo suficiente para facilitar a participación da militancia e para que calquera compañeira ou compañeiro que decida non resignarse e presentarse poida facelo».

Non hai que ter medo ás Primarias, son unha ferramenta democrática que dá voz á militancia

«Estas Primarias son posibles porque a dirección federal do PSOE foi quen de denegar á dirección galega do PSdeG en funcións a celebración deste proceso o 26 de setembro «, denuncia González Formoso, que cree que «ían a ser unhas primarias a medida, que ían a impedir a posibilidade de participar a outro compañeiro ou compañeira, a presentar o seu proxecto».

Entrega do máximo de avais permitidos

Valentín González Formoso rexistrou hoxe en Santiago de Compostela, na sede do PSdeG-PSOE da rúa do Pino, os avais da súa candidatura á Secretaría Xeral do partido. Presentou o máximo de avais permitido polos órganos do partido para o proceso de Primarias á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE, que suman un total de 408, o que supón o 4% do censo de militantes socialistas en Galicia. Aínda así, o número de avais recollidos polo candidato supera amplamente esa cifra. «Isto permítenos detectar que hai un importante caudal de simpatía, apoio e confianza depositado na nosa candidatura, o que tamén estamos vendo nos encontros coa militancia en todos e cada un dos recunchos de Galicia aos que nos achegamos».

González Formoso en Vilalba

Formoso agradeceu a «todos e todas, a cada un dos militantes que avalou coa súa firma esta candidatura, a súa confianza. «É un primeiro paso para que o día 30 de outubro poidamos elixir democraticamente que modelo de PSdeG queremos para o futuro», afirmou.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.