Valentín G. Formoso chama á participación da militancia o 30 de outubro para «conseguir un PSdeG forte que aspire a gobernar Galicia»

 «Non só nós, os socialistas, queremos un PSdeG forte, Galicia necesita dun PSOE forte que sexa alternativa clara ao goberno de Feijoo»


Formoso explicou que «este sábado toca escoller entre continuar a ser irrelevantes no Parlamento de Galicia ou colocar ao PSdeG no lugar que merece».

——-

Valentín González Formoso fixo hoxe na Coruña un chamamento á militancia para a participación masiva o próximo sábado, 30 de outubro, nas Primarias para a Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE. O candidato, que foi presentado pola alcaldesa herculina, Inés Rey, quere mobilizar «aos compañeiros e compañeiras socialistas para, entre todos, conseguir un PSdeG forte que aspire a gobernar Galicia».

Formoso afirmou que «non só nós, os e as socialistas, queremos un PSdeG forte, Galicia necesita dun PSOE forte que sexa alternativa clara ao goberno de Feijoo» e salientou que «non nos podemos conformar con superar ao BNG e ser segunda ou terceira forza política, temos que gobernar para cambiar a vida das persoas».

«Non podemos ser o furgón de cola da política galega. Este sábado toca escoller entre continuar a ser irrelevantes no Parlamento de Galicia ou colocar ao PSdeG no lugar que merece, escoller entre a resignación e a ilusión, entre quedarnos como estamos ou que sumemos para que Galicia avance», subliñou.

González Formoso destacou que «é o momento de sumar para avanzar, de manter o espírito que se viviu no congreso federal, que foi o da unión, o da reactivación do ideario socialista e que demostrou que cando o partido fai a súa función principal, que é ser un instrumento ao servizo da sociedade, e cando hai unión e ilusión entre a militancia o PSOE é imparable».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.