Valentín González Formoso: «queremos un PSdeG forte e unido e Galicia tamén o necesita»

O candidato subliña a necesidade de contar cun modelo «gañador para o PSdeG que se erixa como unha alternativa clara ao goberno de Feijoo».

Formoso explica que en cada encontro está a percibir «a ilusión da militancia por levar ao PSdeG ao lugar que se merece».

«A pesares do curto prazo imposto pola dirección do partido, que nos impedirá chegar a moitas agrupacións socialistas que reclaman a nosa presencia, agardamos que o debate sirva para facer chegar a cada compañeiro e compañeira o noso proxecto».

Valentín González Formoso continuou esta tarde en Oleiros, Arteixo e Culleredo a súa rolda de encontros coa militancia socialista galega e reivindicou que «non só nos, os e as socialistas, queremos un PSdeG forte e unido, Galicia tamén necesita este modelo de partido, un Partido Socialista que se erixa como unha alternativa clara ao goberno de Feijoo».

Valentín G. Formoso en Oleiros

O candidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE explicou que en cada encontro que está a manter coa militancia das catro provincias percibe a súa «ilusión por levar ao PSdeG ao lugar que se merece» e lamenta «o curto prazo» do proceso de Primarias «imposto pola dirección en funcións do partido, que nos impedirá chegar a moitas agrupacións que están reclamando a nosa presencia». «Agardamos que o debate sirva para facer chegar a cada compañeiro e compañeira o noso proxecto», afirmou.

O candidato González Formoso en Arteixo

Valentín González Formoso propuxo hoxe a celebración un debate este mércores ou xoves entre os dous candidatos á Secretaría Xeral do PSdeG para «contrastar os dous modelo de partido que se propoñen para o futuro do socialismo galego» e complementar a información que os compañeiros e compañeiras están a recibir por parte dos dous candidatos. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.