Vigo celebra dúas cabalgatas de Reis: estática pola mañá e tradicional pola tarde

O alcalde avanzou que será “un día enteiro dedicado aos Reis Magos de Oriente” cunha cabalgata centrada nos mundos de Julio Verne e as viaxes máxicas. Pola mañá será estática na rúa Venezuela e, pola tarde será dinámica, partindo desta vía e pasando por Camelias e Praza América ata finalizar en Coia.

O Concello organiza para 2022 dúas cabalgatas. A estática celébrase durante a mañá do 5 de xaneiro e estará situada na rúa Venezuela, durante aproximadamente tres horas. Os Reis Magos saudarán ás nenas e nenos desde as súas carrozas, que estarán paradas. Pola tarde, ás 18 horas, dá comezo a cabalgata tradicional que parte da rúa Venezuela, percorre a rúa Camelias, segue por Álvaro Cunqueiro, bordeando a Praza da Independencia, transcorre por Praza América e remata na Avenida de Castelao, á altura do Centro Comercial Coia 4.

O rexedor explicou que a cabalgata da mañá substitúe a recepción tradicional que se viña realizando no Concello e, pola tarde, desenvolverase a tradicional en movemento. O cambio de trazado está motivado polas obras que se acometen na Porta do Sol e en García Barbón e “non é malo facela por outras rúas da cidade, cada ano por un percorrido e que pase por diferentes zonas, é unha idea que estamos barallando”, apuntou Caballero.

Caballero informou da aprobación na Xunta de Goberno Local da convocatoria de convenios de colaboración empresarial con entidades privadas para actividades socioculturais e de interese xeral organizados polo Concello para os programas “Nadal 2021”, “Cabalgata de Reyes 2022” e “ Entroido 2022” que establece as formas de colaboración para empresas e entidades que queiran participar nas actividades municipais, ben sexa de forma monetaria ben sexa en especie, por exemplo cunha carroza no caso dos Reis. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

No caso da Cabalgata de Reis, as entidades interesadas poden colaborar cunha carroza, animación infantil ou actividades de interese relacionadas co evento. No caso das actividades de Nadal 2021-2022, as entidades interesadas poden colaborar na realización de eventos socioculturais infantís, familiares e de público xeral, de forma monetaria ou en especie, realizando obradoiros, animacións, espectáculos… e no caso do Entroido 2022, as entidades interesadas poden cooperar na organización de concursos, desfiles, concertos, entronización e enterro do Meco, carreira popular…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.