Vigo súmase á campaña “Saca peito polas máis vulnerables” da AECC

Durante esta xornada tódolos autobuses urbanos emiten o vídeo da campaña “Saca Peito polas máis vulnerables” que quere concienciar sobre o cancro de mama. O Concello adhírese así á proposta da Asociación Española contra o cancro en Vigo.

A campaña de ámbito nacional quere poñer o foco nas mulleres que sofren a enfermidade que, “amais de ter un problema severo de saúde”, vólvense máis vulnerables economicamente. Segundo datos da AECC, cada ano diagnostícanse en España 33.000 novos casos de cancro de mama e o 15% das mulleres diagnosticadas está en situación de extrema vulnerabilidade; o 34% perden o seu traballo ou vense obrigadas a deixalo pola enfermidade e preto do 70% perderon o seu salario ou ingreso

O alcalde demandou en rolda de prensa “a atención máxima e a cobertura máxima a esta doenza”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.