Xuntos Carballo pide ao concello que poña solución a varias queixas veciñais na parroquia de Bértoa

O secretario da formación Xesús Deus Gende, recolleu varias inquedanzas que lle transmitiu a veciñanza e que pudo constatar de primeira mán visitando as zonas afectadas. A primeira fai referencia a parada de bus da Av.de Bértoa
Son moitos os veciños/as que empregan este transporte público, que amosan o seu malestar en canto a o estado en que se atopa o firme da parada. Un firme con buratos que dificulta o estacionamiento do autocar para recoller ou deixar persoas. En pleno outono,as pozas que se fán na zona de recollida fai que os usuarios/as teñan dificultades a hora de subir ou baixar, dado que existe risco de esbarar, mollar os pes ou tropezar en algunha das fochancas ou nas pequenas pedras soltas.
A segunda reinvindicación refirese a necesidade da colocación dunha sinal, que advirta do paso de peóns situado na vía que baixa dende o polígono ata a rotonda da estrada xeral, pois os vehículos que baixan fano sin darse conta a maioría das veces da existencia do mesmo, dado que non hai actualmente colocada ninguha sinalización advertindo da presenza do mesmo, poñendo en perigo a integridade física dos usuarios/as que empreguen esta zona de paso.
A terceira fai referencia a o semáforo situado enfronte a cafetería Caracola, da Av de Bértoa, que non está en funcionamiento, o que obriga a os peóns a empregar o situado preto da igrexa ou o da rotonda da Vázquez de Parga, polo que usuarios/as cruzan de igual xeito co risco que esto supón, dado que os condutores a o non ver ningunha prohibición non paran.
Pidese a o concello que actúe con brevedade para rematar con estas deficiencias que poñen en alto risco a integridade das persoas.