A estatua orixinal de Emilia Pardo Bazán volverá aos xardíns de Méndez Núñez

O Concello toma a decisión de recuperar e repoñer a estatua orixinal de Emilia Pardo Bazán nos xardíns de Méndez Núñez. Unha estatua coa que A Coruña quixo honrar en 1916 a unha das súas máis importantes figuras e que a propia escritora aceptou como a culminación dunha carreira impecable. Unha estatua coa que, dende o Concello da Coruña, se quere volver a honrar a súa memoria como broche final á conmemoración do seu centenario este 2021.

A decisión de eliminar o botellón dos xardíns de Méndez Núñez permitiu recuperar de forma integral todo este espazo e este ano, como homenaxe no seu centenario, vólvese a situar a estatua orixinal no seu sitio. A réplica que ocupaba ese espazo pasará a estar na entrada do Kiosco Alfonso ata o 18 de decembro, data na que finalizará a exposición ‘Emilia Pardo Bazán. O reto da modernidade’, organizada pola Biblioteca Nacional de España en colaboración co Concello da Coruña.

O Concello da Coruña visibilizou este ano a figura dunha das coruñesas máis destacadas no centenario do seu pasamento a través da programación EPB100. Abordáronse desde as diferentes áreas municipais as achegas de Pardo Bazán á cidade a través da súa literatura e a súa activa vida persoal. A mostra que acolle o Kiosco Alfonso e o resto de actos organizados polo Concello amosan o compromiso do goberno local coa cultura e coa figura dunha das súas veciñas más singulares.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.