A Laracha acolle este sábado o Campionato III Fase Niveis de Patinaxe

O CP Conxuro organiza a III Fase de Niveis Libre (Niveis do 4 ó 10) de patinaxe que se vai celebrar no pavillón Municipal da Laracha este sábado día 27 de novembro desde as 10:00 e ata as 14:45 horas
Trátase dunha proba federativa oficial á que acudirán preto de cen patinadores, que realizarán un programa coa finalidade de superar o seu nivel.
Tomarán parte no evento quince clubs de patinaxe de toda a provincia da Coruña, en concreto CP Patiart , CP Velúa, CP Aura, CP Buxaina , CP Lenda, CPA Costa da Morte, CPA Inercia, CP Oleiros, CP Axel, CP Oleiros, CP Alquimia, Club Compañía de María, Escola Lubiáns, CPA Eiriz e o clube organizador, CP Conxuro A Laracha.
O CP Conxuro presenta a 9 das súas patinadoras:
- Nivel 4: Carla Santín, Laura Valiente e Claudia Regueira.
- Nivel 5: Cristina Valiente e Mónica Insua.
- Nivel 6: África Rodríguez, Lara Losada, Lola Collazo e Claudia Buño.