A XIX Exposición de Cogumelos, da Sociedade Micolóxica Lucus, terá lugar o vindeiro domingo

A exposición estará aberta de 11 a 14 e de 16 a 20:30 horas, e será de entrada gratuíta

A Concelleira de Cultura, Turismo  Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acompañada por Julián Alonso, da Sociedade Micolóxica Lucus presentaron a XIX Exposición de Cogumelos. A mostra terá lugar no Colexio Rosalía de Castro durante este domingo, 7de novembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas, e será de entrada gratuíta. A edil de cultura presentou o evento xunto con Julián Alonso, presidente da Sociedade Micolóxica Lucus.

Maite Ferreiro destacou que «o traballo que están facendo dende a Sociedade Micolóxica non só na labor divulgativa senón tamén con numerosas actividades que organizan para achegarnos  e dar a coñecer a toda a veciñanza o mundo da micoloxía».

Na exposición cada exemplar está acompañado por unha ficha técnica da especie en cuestión onde se indican datos como o seu hábitat, se é comestible ou non, ou a súa toxicidade, ademais dunha pequena exposición fotográfica e un espazo audiovisual.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.