A xornada para os equipos do Basket Xiria

En categorías de BASE: o cadete masculino ORTODIX, xoga no PARGA PONDAL o sabado e o JUNIOR FEM de XESTORIA QUEJO, visita o pazo dos deportes de Arteixo. En INFANTIL MASCULINO, comezan a competir cun derbi comarcal, este domingo ás 10h en Laracha.

En canto os conxuntos SENIOR: o femenino DIMOLK recibe en Carballo (Sábado 6 – 17h – Vila de Noia), no partido de volta oa CB do LEA na segunda xornada de Liga. O CALVO BASKET XIRIA, viaxa ata Betanzos para xogar co equipo local o domingo 7 ás 19h, e logo de 2 victorias seguidas, intentnatra colleitar a terceira, para a fianzarse na parte alta a táboa clasificatoria.

Destacar que esta será a primeria xornada na que os maiores de 12 anos (infantís), poderán competir sin mascarilla e en Carballo «deixamos atrás» o control e rexistro de accesos ás instalacións municipais. Polo que pouco a pouco imos facendo camiño cara a unha nova normalidade deportiva.

+INFO EN WEB: HORARIOS DA XORNADA 6 e 7 Novembro de BASKET XIRIA | #AFamiliaSempreUnida (escolabasketxiria.com)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.