A Xunta informa a Cogami sobre a accesibilidade do futuro Centro Integral de Sáude de Lugo

A Xunta de Galicia mantivo hoxe unha xuntanza de traballo con responsables da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) no futuro Centro Integral de Saúde (CIS) de Lugo para informar in situ sobre as medidas de accesibilidade a implantar nas instalacións. Participaron o delegado territorial de Lugo, Javier Arias; o presidente de Cogami Lugo, José Luis Lolo Celeiro, e técnicos do Sergas e da propia obra, entre outros

As obras do CIS avanzan a bo ritmo e prevese que comece a funcionar a mediados do próximo ano. Alcanzan un investimento de 12 millóns de euros e sumarán, nun mesmo espazo, un centro de saúde, un PAC con servizo de urxencias, un centro de saúde mental  e unha base para o 061, todos co máis moderno equipamento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.