A Xunta lembra ás vítimas e renova o seu compromiso na loita contra a violencia de xénero no 25-N

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo conmemorou o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller cunha concentración e a lectura dunha declaración institucional a cargo da secretaria territorial, Marta Barreiro, e a xefa da Unidade de Igualdade da Delegación, Coro Piñeiro

A Xunta de Galicia renova nesta data o seu compromiso coa loita contra a violencia de xénero e coa erradicación de calquera tipo de discriminación que permita que esta violencia persista na nosa sociedade. Ao tempo, quere lembrar ás vítimas e ás mulleres que seguen sufrindo o maltrato e transmitirlles unha mensaxe de apoio para romper con esa situación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.