Alternativa de Arteixo denuncia “a incapacidade do Goberno Municipal para resolver os problemas do Rego da Ranqueira”

O equipo de goberno, nunha reunión mantida o luns con veciños afectados, volveu mostrar un total desinterese por solucionar os problemas existentes co Rego da Ranqueira, que no inverno como consecuencia do aumento do caudal provoca inundacións nas vivendas do lugar de Santaia, en Chamín

“Atendendo á actitude do Goberno Municipal, todo parece indicar que un inverno máis os veciños e veciñas de Santaia terán que seguir sufrindo inundacións nas súas vivendas. En Santaia residen moi poucos veciños e xa todos sabemos cal é a forma de proceder do actual equipo de Goberno, que non lle interesan en absoluto os problemas e necesidades nos lugares onde hai pouca poboación. Este equipo de goberno é máis de facer grandes edificios nas parroquias de maior poboación, que logo na maioría dos casos non se lles dá utilidade e permanecen pechados” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.