Arias gaba a implicación de Cruz Vermella na atención aos peregrinos neste Xacobeo bianual

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, gabou hoxe a implicación da Cruz Vermella na seguridade do Xacobeo, con iniciativas como a posta en marcha en Vilalba, onde se encargan de prestar asistencia aos peregrinos no posto situado xunto ao albergue, evitando que teñan que desprazarse ata o centro de saúde
Arias lembrou que durante o verán probouse con éxito un programa de asistencia no Camiño Francés no que colaboraron a Xunta, Cruz Vermella e Mapfre, e que se estenderá o próximo ano a outras rutas.
O plan inclúe patrullas móbiles de socorristas que percorrerán o Camiño en bicicleta para prestar acompañamento, asistencia e asesoramento, así como distintos puntos fixos de asistencia como o que funcionou en Portomarín durante o proxecto piloto.